domingo, 4 de noviembre de 2007

Partidazo en As Corticeiras

CALDAS C. F. 2 - C. D. MOSTEIRO 2



1- Saca

2- Cris

3- Sergio Abal

4- Kike

5- Guerra (Jano)

6- Jorge (Logi)

7- Juve ( Diego Freire)

8- Hugo ( Minotes )

9- Javi

10- Amando (Santi)

11- Alberto


Goles: 0-1 Amando min. 25; 1-2 Diego Freire min. 79.
Arbitro: Regular.
Incidencias: Campo de As Corticeiras, arredor de 100 persoas.

Partidazo o que se puido ver esta tarde no campo do Caldas entre o equipo local, líder invicto da categoría, e o noso equipo. O novo campo de As Corticeiras, un pouco mais grande e de herba sintética, favoreceu o xogo dos dous equipos e que houbese un alto ritmo de xogo entre dous equipos que intentan xogar o balón en todo momento.
O partido comezou con dominio alterno da pelota pero con moito mais perigo por parte do Mosteiro en rápidos contragolpes. De feito antes do gol de Amando houbo un tiro de Hugo de lonxe que se vai fora por pouco, un tiro de Guerra coa zurda desde fora da área que salva o porteiro, un un cotra un de Amando que para o porteiro coas pernas e outro tiro de Hugo que enviou con atrancos o porteiro a corner. Despois chegou o gol (1-0), gran pase de Hugo en profundidade sobre o desmarque de ruptura de Amando, que vai forcexeando co central ó que gaña por velocidade e forza, faise co balón no borde da área e esta vez non perdoa. Aínda houbo outra ocasión clara nesta primeira parte, cun centro ao borde da área no que un xogador do Caldas anticípase a Amando pero está apunto de facerlle unha vaselina o seu porteiro que finalmente envía o balón a corner.
A única ocasión do Caldas na primeira parte foi no desconto, na que o capitan faille un quiebro a Kike e só diante de Saca tira alto.
Así chegábase ao descanso, coa sensación de que podiamos levar unha ventaxa mais ampla.
A segunda parte foi totalmente distinta, o Caldas saíu a por todas e isto sumado á empanada coa que saíu o noso equipo traduciuse no 1-1 aos poucos minutos de comezar. Corner, sae Saca, carganlle por detras na área pequena, o que debía ser sinalizado como falta, queda o balón no aire e un central do Caldas remata coa cabeza a escuadra, nin Kike nin Cris chegaron co salto a sacar o balón.
O control de esta segunda parte foi do Caldas, que creou perigo sobre todo pola banda esquerda pero tampouco houbo remates que mencionar. Nós non deixamos de intentar xogar e tivemos unha boa ocasión nas botas de Hugo, que parou cos pés o porteiro.
Pero chegou o último cuarto de hora: falta a 10 metros da área do Mosteiro que tiran directa, o balón pega contra a barreira e Santi bota a correr co balón, a defensa recula e cando lle saen a tapar o tiro, asistencia perfecta para Diego Freire que acompaña a xogada pola banda contraria e chega completamente só para bater ao porteiro caldense polo pau corto(1-2). Era o minuto 34 e pensabamos que isto ía rematar así, pero 4 minutos mais tarde, saque de banda no lado esquerdo a altura do medio campo que sacan rápido ás costas da defensa, o interior esquerdo entra polo lateral da área co balón controlado, métese entre Cris e Sergio Abal, e co balón botando agarra unha bolea cruzada que se convertiu no 2-2 definitivo. A partir de aí, aínda que ningún equipo se conformou co empate, non houbo mais ocasións.
O Caldas demostrou ser un bo equipo, xoven, rápido, que ten bo xogo de bandas e que intenta tratar ben o balón.


En definitiva conseguiuse un punto en casa do líder, que malia que puidera saber a pouco por estar tan cerca da victoria, foi o mais xusto, nun campo onde poucos equipos van puntuar.
Para a semana que ven visitanos o Cuntis, que non empezou nada ben pero que sempre é un equipo moi complicado e ademais parece que fichou a xente procedente do Estradense.

O mellor: A primeira parte, creamos moito perigo a contra e eles casi non tiveron ningunha ocasión. A pena foi non marcar algún mais neste periodo.

O peor: A empanada do principio da segunda metade que custounos un gol e que eles se creceran.

No hay comentarios: