miércoles, 14 de noviembre de 2007

Empate agridulce!


C. D. MOSTEIRO 2 - ATL. CUN TIS 2



1. Juan


2. Nano


3. Sergio Abal


4. Kike (Hugo)


5. Guerra


6. Jorge


7. Jano (Padín)


8. Farid


9. Javi


10. Diego Freire (Carlos)


11. Alberto


Goles: 1-2 Carlos, min. 75; 2-2 Carlos, min. 95.


Arbitro: Regular.
O Cuntis protestou o segundo gol do Mosteiro e nas protestas expulsaronlle a 2 xogadores.


Incidencias: Partido da 11ª xornada da 2ª Rexional no Municipal de Meis. Aproximadamente 70 persoas nas gradas.



Presentábase un partido, que a priori, parecía que podía darnos un empurrón cara os dous primeros postos da clasificación, xa que xogababamos co colista. Pero era un partido trampa. Os que levamos uns anos nesto, sabiamos que o Cuntis non é un equipo que vaia estar moito tempo nos postos baixos da clasificación. Ademais é un equipo que conqueríu case que todos os seus puntos, lonxe do seu campo.

O partido comezou con un Mosteiro que parecía que no se xogaba nada, con moi pouca tensión. Enfrente, o Cuntis moito mais metido no partido, conscentes da importancia dos puntos. O balón tiñao o Mosteiro pero con moi pouca ou case nengunha profundidade, moita lentitude e pouca movilidade. O Cuntis, moi ben posicionado en defensa, presionaba o medio campo local, o que provocaba moitas perdidas de balón e rápidas saídas ao contragolpe. En defensa deixabanse moitos ocos e non se facían ben as coberturas. Esto, unido a falta de agresividade e a pouca contundencia á hora de despexar, traducíase en perigo. O Cuntis cansouse de centrar balóns e tiros que saíron desviados. Un destes centros non é despexado ben pola defensa e Juan ten que despexar o tiro coa perna. Pola contra, só unha xogada de perigo a favor do Mosteiro, nun remate coa tibia de Jano no que o porteiro do Cuntis locese.

E aproximadamente no minuto 25 chega o primeiro gol do Cuntis. Tiro lonxano que non acerta a atallar Juan e un xogador do Cuntis chega a empurrar o balón,0-1 e moi mala pinta. O partido seguíu igual, de feito parecía que o mellor era que chegara o descanso. Mais no desconto da primeira metade chega o segundo: corner a favor do Mosteiro, despexa a defensa do Cuntis, o balón recolleo na frontal Diego Freire que intenta xirar con dous xogadores do Cuntis enriba, roubo, balón as costas da defensa, salida de Juan e desde 40 metros o dianteiro do Cuntis fai unha vaselina que Javi non chega a sacar por pouco. 0-2 e á caseta.


Non tiña boas perspectivas o partido e mais vendo os primeiros 10 minutos da 2ª parte onde todo seguía igual. O Cuntis parecía que se botaba un pouco mais atrás. Pero chegaron os cambios e iso foi o que cambiou o partido. O partido revolucionouse e comezaron a caer as ocasións . No 75 aproximadamente chega o 1-2: falta que colga Jorge, sae o porteiro, Farid salta por diante de él despistandoo e Carlos chega para empurrar o balón. O Mosteiro parecía outro equipo, con moito mais ritmo, pasamos a defensa de 3 e xogamos moito mais polas bandas. Seguirón chegando as ocasions: dous cabezazos de Carlos, un remate de Hugo que para o porteiro, outro de Farid tamén parado polo porteiro... e só unha ocasión para un Cuntis que estaba fundido nunha falta lateral que rematan as mans de Juan. Había fé no Mosteiro a pesar de que se acababa o partido. Outro corner e rematado alto por pouco por Javi. Parecía que era a última oportunidade... Pero chegou outro bo balón á área, sae o porteiro e na loita polo balón, Javi bate con él, posible falta ao porteiro que o árbitro non pita, e Carlos outra vez entra co balón arrastras na portería. Era o último minuto e non había tempo para mais. Conqueríuse un punto que con sabor agridoce posto que era na casa e contra o colista pero que se puxera moi costa arriba coa lamentable primeira parte que fixemos.


O mellor: O banquillo. Foi o que marcou a diferencia e mellorou o nivel do equipo.


O peor: A primeira parte. Non hai por onde collela.


O puntiño valeu polo menos para subir unha posición, agora somos 5º.



AVISO IMPORTANTE


O vindeiro partido de liga contra A Lama, que debía xogarse fora, xogarase no Municipal de Meis as 16:15 h. por petición do equipo rival xa que ten o campo en obras. Polo tanto cambiase a orde de partidos.

No hay comentarios: