lunes, 29 de octubre de 2007

3 puntos vitais!










C.D. Mosteiro 1-0 San Andrés C.F.

1. Saca
2. Freire
3. S. Abal (Logi)
4. Kike
5. Guerra
6. Cris
7. Jorge
8. Santi (Carlos)
9. Javi
10.Hugo (Juve)
11.Alberto (Lesionado)(Padín).

Árbitro: .Regular


Goles: 1-0 Javi (min.92)


Incidencias: arredor de 100 persoas no Municipal de Meis.



Partido correspondiente á 9ª xornada entre dous equipos da zona alta con traxectorias diferentes. O CD Mosteiro loitaba por engancharse definitivamente nos postos de cabeza despois de dúas victorias consecutivas mentres que o San Andrés CF buscaba sumar puntos despois da súa derrota ante o U.sampaio en Placeres.

Comeza o partido e o San Andrés espera moi ben organizado no seu campo intentando engachar algunha contra que lle dese vantaxe no marcador. O CD Mosteiro ten o dominio aboluto do balón durante toda a 1ª parte mais sen chegar con excesiva claridade á meta defendida por Sesi.Trátase dunha 1ª parte bastante trabada, con pouco ritmo no xogo que non permite sorprender a un San Andrés que se encontra a gusto agazapado no seu campo.Pouco máis deste 1º tempo onde cabe destacar unha internada de Santi pola banda dereita despois dunha parede con Hugo, este non chega a rematar por pouco o pase atrás de Santi e o balón pasésase pola liña de gol. Ademais dun probable penalti sobre Santi minutos antes do descanso. Final do primeiros 45 minutos , o Mosteiro quere máis e o San Andrés,que apenas creou peligro, dá por bó o empate.

A 2ª metade é un calco da primeira en canto ao posicionamento dos equipos. O Mosteiro ten máis presencia na área rival o que provoca que se deixen máis espazos nas espaldas e o San Andrés intente aproveitalo sen moito éxito.

Comezan a chegar ocasións para o Mosteiro. Primeiro cun disparo dende a frontal de Santi que o porteiro despexa con bastantes apuros despois de que o balón botáse moi preto de él. Os cambios dan máis verticalidade ao equipo e o Mosteiro vaise decididamente a polo partido. Logi proba fortuna con outro tiro dende o vértice dereito da frontal que se vai desviado. J.Padín despois dunha gran xogada colectiva pon un centro perfecto na cabeza de Carlos e o remate deste vaise fóra por moi pouco. O San Andrés no tramo final do partido ten moitos espacios para correr algun contragolpe pero non consegue conectar cos seus dianterios e só destaca un disparo dende a frontal que se vai desviado á dereita da portería de Saca. O árbitro sinala 5 minutos de desconto e o equipo busca o partido ata o momento no que Javi consegue o gol tras peinar un balón colgado por Jorge ante a mala salida do porteiro visitante. Para cerrar o partido Carlos adéntrase na área, o defensor contacta coa súa perna esquerda e este ao ver que perde toda vantaxe deixase caer e a decisión do colexidado non é outra que mostrar o segudo cartón amarelo e expulsalo de modo máis que riguroso.Dez segundos despois pita o final do partido.

Victoria xusta aínda que moi traballada ante un equipo que non demostrou en Meis o posto que ocupa na clasificación, que nos permite colocarnos a tres puntos do novo líder: Caldas CF, equipo que visitamos na vindeira xornada.

O Mellor: a victoria, por suposto, pero tamén a moi boa imaxe que se está dando nos derradeiros partidos que invita ao optimismo.

O Peor: a lesión de Aberto (esperemos que non sexa nada) e a expulsión (rigurosísima cando menos) de Carlos.




No hay comentarios: