martes, 4 de diciembre de 2007

Previa CD Mosteiro - CD Beluso (15ª Xornada)

O partido adelántase ao Xoves 6 e comeza ás 16 horas no Municipal de Meis.

O rival desta xornada suma 3 derrotas, 2 victorias e 1 un empate a domicilio, e vén de romper unha racha de 4 victorias consecutivas ao caer derrotado no seu feudo polo Unión Sampaio (1 - 3). De seguro o equipo do Morrazo chegará ao Municipal de Meis con ganas de continuar con esa boa xeira de resultados polo que se agarda outro partido complicado para o noso clube.

Os convocados para este partido son Saca, Juve, Abal, Guerra, Cris, Jorge, Santi, Javi, Hugo, Freire, Faríd, Amando, Toño, J. Padín, Jano e Carlos. O equipo vai a saír a pola victoria para poder celebrala na cena convocada para a noite despois do partido. Esperemos que así sexa!!!

No hay comentarios: