lunes, 3 de diciembre de 2007

Qué pena!

ATLÉTICO FAXILDE 0 - 0 CD MOSTEIRO

1 - Saca
2 - Nano
3 - Abal
4 - Javi
5 - Cris (Amando)
6 - Padín (Guerra)
7 - Jorge
8 - Faríd
9 - Carlos
10- Jano
11- Berto (Santi)

Árbitro: Excelente. O mellor arbitraxe da temporada.

Incidencias: Partido da 14ª Xornada disputado no Manuel Jiménez ante 80 espectadores.

A Crónica: Partido moi disputado e entretido pese á ausencia de goles, no que calquera dos equipos se puido levar a victoria.

A primeira parte foi moi parella xa que o Atl. Faxilde dispuxo de 3 accións claras para adiantarse no marcador, sobre todo a balón parado, Pola súa banda, o CD Mosteiro tivo outras tantas nos pés de Carlos e na cabeza de Faríd, nun balón no que se anticipa ao porteiro e salva Adrián na mesma liña de gol.

Na segunda metade o dominio do Mosteiro foi máis claro en canto a ocasións nun verdadeiro "correcalles", pero como o fútbol é así de caprichoso o Atl. Faxilde íase encontrar cun claro penalti a favor mediada a segunda parte que paraba Saca. De ahí ao final o asedio á portería local foi constante pero a falta de acerto impediu que o Mosteiro se levase unha victoria merecida polo xogo despregado durante os 90 minutos.

O Mellor: o partidazo que fixo "todo o equipo" ante un dos candidatos aos postos de ascenso.

O Peor: a sensación de que merecemos os 3 puntos e só nós levamos un, pero que se compensa coas derrotas do San Andrés, ao que adiantamos na táboa, e o Caldas, que se atopa a 6ptos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Gostei muito desse post e seu blog é muito interessante, vou passar por aqui sempre =) Depois dá uma passadinha lá no meu, que é sobre frases e poesias, espero que goste. O endereço dele é http://mil-frases.blogspot.com. Um abraço.