lunes, 26 de noviembre de 2007

Por fin unha victoria clara na casa!



CD MOSTEIRO 3-1 UNIÓN DENA

1 - Saca

2 - Nano

3 - Abal

4 - Jano(Guerra)

5 - Padín (Toño)

6 - Cris (Freire)

7 - Jorge

8 - Minotes (Santi)

9 - Javi

10- Farid

11- Alberto

Goles: 1-0 Jorge, min. 55; 2-0 Santi, min. 65; 3-0 Farid, min. 75;

Árbitro: Regular, porque as súas decisións non influíron no resultado pero bastante desacertado.

Incidencias: 13ª Xornada. Arredor de 80 persoas no Municipal de Meis.


Bó partido o disputado onte no Municipal onde o CD Mosteiro acadou unha victoria xusta polos méritos conseguidos durante a 2ª metade. Sen embargo, na primeira metade foi o Unión Dena quen creou maior perigo na portería de Saca que tivo que intervir cunha manopla despois dun tiro do dianteiro visitante e que logo Cris despexa baixo paus. O Mosteiro, pola contra, tivo só unha ocasión neste primeiro tempo aínda que moi clara nun centro que cabecea Javi e Minotes de volea empalma alto na frontal da área pequena.

Ao final dos 45 minutos os dous equipos dábanse por satisfeitos co resultado xa que o partido estaba controlado por ambos bandos.

A segunda metade foi totalmente distinta e o partido volveuse tolo. Todo o fútbol-control da primeira parte esfumouse e iso permitiu que as defensas se abriran, o que se traduciu nun maior número de ocasións. Así, aos 10 minutos da reanudación chega o primeiro gol grazas a un excelente pase atrás de Minotes, que se leva como o pode o balón ante dous contrarios na liña de fondo, que Jorge culmina de xeito maxistral colocando o balón coa zurda no pau largo da meta visitante( 1- 0). Minutos despois Touza realiza os primeiros cambios, entran Freire, Santi e Guerra. No segundo balón que toca Santi, este golpea o esférico dende a frontal, o porteiro fai a "estatua", e o balón cólase pola esquerda da portería (2 - 0). Cinco minutos despois Farid introdúcese na área rival despois dun servicio da medular, controla co peito e de volea envía o balón ao longueiro. Pero minutos máis tarde plántase só ante o porteiro e cruza o balón para firmar o 3 - 0. Logo prodúcese o último cambio, sale Padín e entra Toño, que se estrenaba tras superar un esguince de nocello. De ahí ao final do partido seguíuse polo mesmo camiño con chegadas rápidas ás áreas sen crear excesivo perigo. E no último minuto o Dena triangula ben en mediocampo, profundiza pola banda dereita e despois dun centro o balón cae nos pés do dianteiro que coloca o balón nos fondo da mallas facendo inútil a estirada de Saca (3 - 1). Rematando o partido 3 minutos despois dos 90 reglamentarios.

O mellor: Ademais dos importantísimos 3 puntos, a solvencia da 2ª metade e a sensación de que mellorando algunha cousiña imos pelexar ata o final.

O peor: A contundencia defensiva (hoxe), xa que puidemos levar algún susto por tratar de salir xogando tódolos balóns. Nada que non sexa mellorable.

Domingo visitamos ó "Manuel Jiménez" para enfrontarnos ao Atlético Faxilde, un rival nada doado, nun encontro que pode darnos o empurrón definitivo cara os postos altos da táboa.

No hay comentarios: