jueves, 22 de noviembre de 2007

Previa CD Mosteiro- Unión Dena CF (13ª Xornada)

Este vindeiro domingo ás 16.15 no Municipal de Meis. O equipo disputa "unha final" se pretende non distanciarse dos postos que dan acceso á 1ª Rexional. Mellorouse a actitude e a agresividade ante A Lama CF mais só se conseguíu un puntiño, que serve de pouco xa que tanto Caldas CF coma o Grove "B" venceron nos seus respectivos partidos ante o seu público. Por todo isto, faise moi necesaria a victoria deste domingo, ante un rival que atravesa por unha boa racha de resultados a tan só un punto da nosa posición. Forman a convocatoria Saca, Juan, Nano, Abal, Guerra, Cris, Jorge, Santi, Javi, Alberto, Freire, Farid, Toño, Jorge Padín, Minotes e Jano. Son baixas para este partido Hugo, Amando, Kike, Juve, Carlos e Logi.

No hay comentarios: