domingo, 16 de diciembre de 2007

Dura e inxusta derrota!


SD MONTEPORREIRO 3 - 1 CD MOSTEIRO
1 - Saca
2 - Padín
3 - Abal
4 - Jano
5 - Guerra
6 - Cris (Alberto)
7 - Jorge
8 - Toño (Amando)
9 - Javi
10 - Freire
11 - Nano
Gol: 1-1 Freire (p.) min. 48
Árbitro: Moi mal!
Segunda parte desastrosa. Despois de sinalar un claro penalti a favor do Mosteiro tratou de "compensar" ao Monteporreiro. Primeiro, non expulsando a o nº 8 despois de ensinarlle a 2ª tarxeta amarela (ao final do partido recoñeceu que anotara a 1ª tarxeta ao nº 8 do Mosteiro) e logo indicando un máis que dubidoso penalti por man involuntaria de Cristian.
Incidencias: 16ª Xornada. Municipal de Monteporreiro. Arredor de 70 persoas.
A crónica: O partido comezaba cun lixeiro dominio do Monteporreiro que creaba perigo con constantes cambios de orientación que superaban á defensa visitante. Así, foi como se xestou o 1-0 (min 20). Un balón é centrado ao segundo pau dende a banda dereita, Alvariñas remata cruzado pero o tiro quédase nun centro que remacha a placer o interior dereito do Monteporreiro.
Malia todo, as claras ocasións do Monteporreiro tiñan a súa réplica na portería de Barcala. Primeiro nun tiro dende a frontal de Toño que se desviado por pouco, logo nun disparo de Freire dende a mesma posición que saca Barcala literalmente da escuadra e logo este desvía un balón que remata Toño despois de que Jorge e Javi peinaran un saque de banda. Con esta última ocasión, cerrábase a primeira metade con 1-0.
A segunda metade comeza cunha triangulación na frontal que vai rematar no empate. Toño entrega de cara para Jano, este asiste ao seu irmán J.Padín que se incorpora dende a dereita i é derribado cando encaraba portería. Freire encárgase de transformar o penalti, lanzandoo raso e axustado ao pau izquierdo da portería de Barcala, que adiviña a intención pero non chega por pouco(1-1). Este gol animou ao Mosteiro, que se foi cara arriba. O Monteporreiro insistía con balóns profundos, mais non chegaban ocasións claras por ningún bando.
Sen embargo, o partido rómpese en 5 minutos, xa que a regular actuación do colexiado convírtese en desastrosa polos feitos sinalados anteriormente. Incomprensiblemente non deixa ao Monteporreiro con dez, sinala un penalti máis que discutido que se traduce no 2-1 (min. 70) e a moral polos pés. Logo buscouse o empate desesperadamente, pero nun balón longo á contra o Monteporreiro conseguíu establecer o 3-1 cando restaban 5 minutos para o final. Amando disporía dun man a man mais Barcala conseguíu taponar o seu disparo, erixindose coma o home do partido xunto co colexiado. Final dos 90 minutos e sensación de voltar para Mosteiro cunha inxusta derrota.
O Mellor: non se me ocorre nada, non caer ninguén lesionado?
O Peor: o baixón na clasificación, caemos ata a 9º plaza, e a sensación de que nesta xornada puidemos recortar puntos coa cabeza e non o fixemos.

No hay comentarios: