jueves, 6 de diciembre de 2007

Outra oportunidade perdida!!!



CD MOSTEIRO 1 - 2 CD BELUSO

1. Saca
2. Padín (Juve)
3. Abal
4. Jano (Jorge)
5. Guerra
6. Cris (Toño)
7. Freire (Carlos)
8. Faríd (Amando)
9. Javi
10. Hugo
11. Santi

Goles: 1-1 Carlos min. 65

Árbitro:Regular.

Incidencias: 15ª Xornada. Municipal de Meis, arredor de 80 persoas.

A Crónica: Xusta derrotada a sufrida polo CD Mosteiro, que puxo empeño ata o final, ante un CD Beluso que chegou ao Municipal coas cousas claras: non complicarse nada en defensa e intentar chegar rápido á portería rival. A clave do partido estivo na expulsión de Santi arredor da media hora de partido, que se complicou co gol (0 - 1) que conseguíu o dianteiro do Beluso no comezo da segunda metade. Mais o Beluso xa avisara con anterioridade enviando ata tres balóns ao longueiro. Parecía que todo estaba perdido, cando un central do Beluso fai un mal control do esférico a altura do mediocampo (perdendo a posición), Amando recolle o balón entrégallo a Carlos e este que conducía o balón para plantarse no man a man ante o porteiro, sorprendeo cunha espectacular vaselina (1 - 1). A partir de ahí o equipo creeu na victoria e foise en busca do gol con máis corazón que cabeza o que foi aproveitado polo Beluso para marcar o 1 -2 a falta de 10 minutos para o final, un auténtico mazazo. Ata o final buscouse o empate á desesperada mais sen disfrutar dalgunha ocasión clara e mesmo o Beluso puido firmar o 1 - 3 se o árbitro dése por válido un gol que Abal sacou da portería cando o balón sobrepasara claramente a liña de gol.

O Mellor : pouco se pode sacar positivo, pero destacaría a entrega do grupo.

O Peor : outra oportunidade desperdiciada para afianzarse nos postos altos, toca remar contracorrente.

No hay comentarios: